O festival Revenidas xa ten datas para celebrar a súa próxima edición: do 17 ao 19 de agosto. Trátase dun festival único, vencellado ás tradicións, que combina á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas e que, neste 2018, celebra os 15 anos do seu nacemento. 

O modelo de  combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra.  Na pasada edición, as 50 horas de música e actividades programadas pola organización nesta vila de 2.000 habitantes viuse reflictida nun  impacto económico duns 1.400.000 euros, ademais dos 700 postos de traballo que xerou o festival (200 directos e 500 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.

O Festival Revenidas 2018,  O Festival das Linguas, celébrase na vila mariñeira de Vilaxoán de Arousa, no concello de Vilagarcía (Pontevedra). Todas as actividades programadas realízanse no entorno do Porto de Vilaxoán, no parque de Dona Concha, na praia do Preguntoiro con bandeira azul e nas rúas desta vila.

O #REVENIDAS18 contará con dous escenarios nun recinto pechado para os concertos de pago. Ademais o festival conta cun amplo espazo de acceso libre no entorno do porto, ao redor co edificio da Praza de Abastos, no parque de Dona Concha onde terán lugar as actividades de balde e para todos os públicos.

Nas próximas semanas, o Revenidas fará públicos os nomes das primeiras bandas que conformarán o seu cartel para 2018 e que celebrarán os 15 anos do Festival das Linguas. 

Más información: