Un ano máis, e con este van catro, volve celebrarse o Morrasound Rock Fest. Terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de xullo no recinto da Comunidade de Montes de Domaio no Mirador de A Fontenla. 

Contará con actuaciones musicales, acrobaticas, pallasos e difrentes obradoiros e actividades. Artistas como The Brew, O Funkillo, The Limboos, Piscore o Peter Punk entre otros muchos. Habra zona de acampada, mercadillos, etc...

Un festival organizado dende a Asociación Cultural Fontenla, unha humilde asociación sen ánimo de lucro co obxectivo de promover o desenvolvemento cultural en diferentes eidos, especialmente no terreo da música e as artes escénicas. A sua actividade, está fundamentada exclusivamente na inquedanza común dos seuss membros por ampliar, mellorar e dinamizar a oferta cultural na nosa comarca.

Na procura deste obxectivo, no pasado ano 2016 botou a andar o evento principal da asociación, o MORRASOUND ROCK FESTIVAL, un festival de música rock e variadas actividades culturais e deportivas, e, con moito esforzo e paixón, chegamos hoxe á que será a 4ª edición. Mantendo dende o inicio o espírito do Festival, pero como non podería ser menos, este ano tamén cargado de novidades.

O Festival terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de xullo de novo no recinto que posúe a Comunidade de Montes de Domaio no Mirador de A Fontenla. Sen dúbida, o espazo é un marco natural incomparable como amplo mirador sobre a Ría de Vigo e como potenciador das emocións que espertan entre o público os grupos e outros artistas invitados para as distintas actividades. Coma é a sua principal sinal de identidade, mantemos e aumentamos aínda máis se é posible, a nosa aposta decidida polo rock en toda a súa amplitude, as artes escénicas e, por primeira vez, as artes circenses e acrobáticas, sen esquecer ó seu pallaso oficial. Ademais, como os anos anteriores, os cativos poderán participar en numerosos obradoiros interactivos diferentes organizados por Nordelaina e coñecer o seu futuro da man da Pitonisa Felisa. Unha feira de artesanía e os diferentes postos de comida completan a oferta desta cuarta edición.

No eido musical, elaboraron un proxecto diverso e de calidade, recollendo unha mostra significativa do panorama da música rock actual, de grupos galegos, e tamén aberto ás achegas de bandas relevantes doutras partes do estado e mesmo a outras formacións internacionais. Tentando acadar unha sintonía entre grupos consolidados coa aposta por bandas menos coñecidas, pero ás que lle adiviñan un gran potencial para o futuro.

Este ano contarán con:

THE BREW
Art Of Persuasion, o seu derradeiro traballo, amosa con orgullo as influencias da banda, dende Led Zeppelin ata Wolfmother. Con todo, o rexistro evita fácilmente os clichés retro. Dito isto, mentres que as melodías difusas e asasinas como "Gin Soaked Loving Queen" e "Excess" poden alzarse con ese doce espírito dos 70. The Brew considéranse lexítimamente rockeiros modernos con raíces clásicas. De alta enerxía, atemporais e cheos de ganchos inesquecibles.

O´FUNK´ILLO
O regreso da banda orixinal. Os creadores do funky andaluz embrutessío volveron por todo o alto no 2018 celebrando os seus 20 años de carreira con “20 Años Ajierro & 30 Amigos Embrutessío’” Cando apareceron déronlle de volta ó panorama musical revolvendo as tripas do funk/rock/metal en España. Unha banda moito máis adulta, moito máis rodada, con novos horizontes e novas responsabilidades, cargada de profesionalidade, pero sobre todo, coa enerxía de sempre.

THE LIMBOOS
Viven nunha liga propia, onde observan, de lonxe, os días en que era necesario clasificalos e se lles catalogaba simplemente de “retro” ou “vintage”. En realidade, son puro ritmo, puro groove, puro sentemento para non para de bailar.

LOS VINAGRES
O trío canario evolucionan cara a música latina no seu novo álbum da mano de Warner Music Spain baixo o título “Los Volcanes” e que incluirá temas como “La Chibichanga”, “Sácate los colmillos” o “Los volcanes se duermen” cos que os naturales da La Palma alcanzan a madurez artística. Tras dous anos de traballo adicados á composición e produción, Los Vinagres ofrecen un renovado son influenciado pola música latina e o rock de raíces. A este traballo precédeo “El canto de la morena” (2015), álbum debut que lles permitiu levar o seu potente directo á práctica totalidade de salas do país e a festivais como Mad Cool, MontgoRock ou o Festival Gigante por nomear algúns.

KINGS OF THE BEACH
Dende a súa “sorpresiva aparición” na 1ª edición do festi cubrindo sen escusas o lugar da inesperada baixa doutra banda, KOTB regaláronnos un espectáculo de Rock inesquecible anque non aparececían no cartaz... Tiñamos unha “débeda por cumprir”. O seu nome debía aparecer nun cartaz do Morrasound e a súa tolería de novo no festi. Un power trío de cunha música entre o rock e o punk, música rápida, divertida e que deixa ós ointes en efervescencia…

FAMILIA CAAMAGNO
Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍA QUE INTENTALO”. Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO. Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que se poderán atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista.

LOU REYES
Con 30 anos de carreira profesional, Lou Reyes preséntase agora coa súa nova aínda que coñecida banda. Deixando atrás xa os Rockin’ Corsarios, e despois de formacións e experiencias como Lou Reyes & Los Astros, Lou Reyes & The Wild Bunch, Los Horizontes, Los Mustang Charros ou a mencionada Los Rockin’ Corsarios, o actual show de Lou Reyes é un pouco compendio de todas elas, o que inclúe dende o rockabilly máis cincuentero, pasando polos toques country, ata o tex-mex máis rancheiro. Nin máis nin menos que puro Lou Reyes, o Rock’N’ Roll Rancheiro.

YO DIABLO
Yo Diablo - Manifesto “El verdadero oficio de cada uno es tan sólo llegar a sí mismo” Demian, Herman Hesse. Yo Diablo é un dúo de rockabilly salvaxe, dende Valencia, a ritmo mantra de “tucu-chaca”, berros da guitarra e acordes infernales. Odas que cantan a mosquitos, serpes, gatiños e outros terribles animais coas que un guitarrista e un baterista fan perder a cabeza ó resto de seres terrenais.

ARRHYTHMIA
Power Trío lugués premiado como mellor banda metal nos Premios Martin Codax de 2018 que se atopa gravando o que será o seu terceiro traballo, explorando novos terreos como a electrónica ou o rap sen perder a esencia cañeira e actitude reinvindicativa da banda. "A forza da razón, o puño sempre erguido en pé"

SPOONFUL
Spoonful é un power trio formado por mozos do Morrazo e Vigo que mestura o puro Blues do delta do Mississippi e a raiba do hard rock dos 70’s. Nace no 2014 e, tras unha demo e varios singles, o seu
primeiro largo “Voodoo Ring”, deste ano 2019. A formación actual liderada por Gabriel McKenzie á voz, guitarra e composición, consolidouse con experimentados músicos procedentes doutras bandas,
Víctor Gómez na batería e Luisma Taboada ao baixo. O cambio de formación coincide co salto da banda no 2016, realizando a primeira xira pola península, a presenza en diversos festivais e sendo finalistas ou gañadores de varios concursos musicáis coma o Rock in Rio Tea, Musica Xove Emerxente, MusiCangas, etc.

THE LELLI KELLY´S
Coma quen quere montar un aparello altamente explosivo, así mestura esta banda aos compoñentes máis inflamables de O Morrazo, Vigo e Pontevedra... A banda galeganThe Lelli Kelly´s, publica en 2019 o seu primeiro traballo de estudio “Glam Oriental”, un disco de rock’n’roll agresivo, bailable e frenético que inclúe temas como “Vai arder” ou “Non che dan as pernas”. Despois de tres anos xirando por locais e salas do país, e de participar durante o 2018 en festivais como o Galegote Rock, o Festigal, ou o Verdoejo Art Rock entre outros, The Lelli Kelly’s ofrecen un directo que destila rock’n’roll clásico, punk e rythm&blues. O inconveniente desta banda é que incitan ao público a romper cousas, pero iso xa é problema da organización.

Asemade no festival, coma é a sua “marca de identidade”, coa música teñen o aliado das artes escénicas, un complemento perfecto, dando cabida ós mellores artistas galegos, e tamén este ano, de todos os lados…

Este ano contan con:

PÍSCORE
Píscore é unha compañía de nova creación que chega para aportar música e humor á escena galega. Na mellor tradición das compañías que mesturan a excelencia musical co humor, Píscore chega para cubrir este oco en Galicia na liña de recoñecidas formacións estatais. Creada e 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos formados cos mellores mestres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual. É unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas. Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018

SINOPSE. CONCERTO (CON) FUSIÓN -
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

PATTY DIFUSA PALLASA
Patty Diphusa ven facer Harte Contenporáneo... anque doa! Monologuista, humorista, artista, arealista, malabarista, anticapitalista e corta de vista. Mestra de ceremonias. Pallasa. Patty Difusa é a mellor “aliada da cativada” e a maior “breada para a adultada”…non ten límites. Con éste espectáculo paseouse por diversos festivais e prazas do pais e do extranxeiro, ademáis de presentar e actuar en varietés co seu personaxe.

KANBAHIOTA TROUP
Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio voante , so hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire coas súas acrobacias , non sen algunha caída inesperada. Un espectáculo dun incríble nivel acrobático acompañado de moito humor e inesperadas sorpresas. Levan visitado medio mundo cos seus shows: Palestina, Brasil, Sáhara, Francia, Italia, Colombia, Uruguai, Portugal… e conquistados numerosos premios de prestixio como o Festiclown. Kanbahiota significa voltereta en brasileiro. Do seu nome á súa esencia, todo pasa polo movemento. Dende o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo

PETER PUNK PALLASO
PALLASO OFICIAL DO MORRASOUND ROCK FEST
Este pallaso é unha parte fundamental da animación e bo rollo deste festi…dende o primeiro ano…e por suposto, faise imprescindible.

Nesta edición, por causa alleas á organización e inasumibles por esta humilde asociación como promotora, quedou cancelada a competición de Speed & Style. Unha decisión triste, ó ser unha seña de identidade do festival dende a primeira edición, pero obrigada xa que era inasumible antes as incidencias na xestión. O seu lugar no programa o ocupan o espectáculo de trapecio e acrobacias de Kanbaiota Troup que presentamos na anterior sección. E sabendo, como ven sendo tónica nos festivais que teñen xornada diurna, e como así tamén confirmaron na pasada edición pola grande afluencia de familias, terán preparadas zonas de carpas con obradoiros moi diversos enfocados para a rapazada, para que as familias poidan desfrutar dunha boa xornada de música, teatro e animación, e para que os máis cativos se sintan incluídos dentro do mundo do festival.

O festival nace e medra fortemente vencellado á comarca do Morrazo, por iso, ademáis de potenciar a propia vertente lúdica e cultural, inclue un mercado no propio recinto do festival para que os artesáns, a hostelería e o comercio comarcal poidan favorecerse da afluencia de público que xera un evento destas características, ofrecendo servizos como postos de comida, zona de mercado e artesanía ou moda.

Os abonos poden adquirirse en venda anticipada na páxina web do festival www.morrasound.com polo prezo de 20€ e os días soltos por 15€, en ambos casos con un 10% de gastos de xestión. O prezo en taquilla será de 28€ e 20€ respectivamente.

Por último, pero para eles  o máis importante, "este ano é especial porque está adicado a un dos membros fundadores e principais ideólogos do Morrasound, Paco de Chuco, que nos deixou recentemente. Paco de Chuco será o nome dun escenario principal e ofreceremos unha mostra de fotografías que será exposta na pantalla LED xigante, entre outras maneiras de homenaxealo e sembrarnos do noso amigo. Este festival vai por el."

Toda a información do festival pode seguirse dende as redes sociais de Facebook, Instagram e Twitter e tamén dende o seu portal web www.morrasound.com. Dende elas ofreceranvos información actualizada coas novas máis importantes.