Os pasados 25 e 26 de outubro celebramos os 21 anos que levamos na rede de redes. Un ano máis celebrámolo, como sempre, con boa música.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que o ano pasado, con dous eventos que tiveron lugar os días 25 e 26 de outubro na nosa cidade, Ourense. Así o venres 25 tivo lugar no Liceo de Ourense a entrega do Xingro de Honra a José Luís Labrador González “Labra” co que CanedoRock recoñeceu a súa ampla traxectoria profesional relacionada co Rock e na que actuaron os ourensáns Hermanos Walker.

E o sábado 26 celebramos a nosa habitual Festa de Aniversario no Café Cultural Auriense da Cidade das Burgas cunha Sesión Vermú e a nosa Festa Concerto. Os ourensáns Besbellos foron os encargados de amenizar a Sesión Vermú e xa pola tardiña na Festa Concerto, contamos esta vez con dúas bandas sobre o escenario do Auriense os ourensáns Raiade e os composteláns Sr Salvaje que foron os encargados de poñerlle banda sonora a unha tarde que na que todos a gozarmos da música Rock nun ambiente festivo.

Deixámosvos estes pequenos resumenes de como o vivimos e galería de fotos.

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA