O vindeiro 17 de febreiro celebrase no Café Cultural El Pueblo o concerto Verbena Punk ca partipación das bandas galegas Tiro na Testa, Bergallazo e Innoppiah. Teremos a ocasión de desfrutar duns clásicos do punk galaico,"os jevys e punks de cada casa o máis ruin", os Tiro na Testa, os únicos supervivintes do célebre trio "ceibe, violento e furtivo", temazos "deiqui", pra xente "deiqui", con letras "deiqui", unha ledicia telos outra vez por Ourense.

Todo isto aderezado polos locais Bergallazo que continuan presentando as cancións do seu primeiro traballo "Rexurdir" e o pontevedres Innoppiah, monobanda punk innovadora, formada por baterias programadas, unha guitarra eléctrica e Dieguin e o seu vozarrón.

O concerto comezará as 21:00h. e a entrada ten un precio de 5€.

Máis información: