A banda Exeria lanza o segundo sinxelo de adianto do seu novo Ep chamado Un musical de Broadway, no que abren o seu abano de influencias.
Novas esencias entran na casa destes namorados das guitarras, como o toque exótico do sitar da man de Paco Serén (Ex-piratas).
Tras o lanzamento de Demasiado gris, primeiro tema desta nova etapa do grupo de Rock alternativo, Exeria sorprendenos unha vez mais traendo as suas influencias dos anos 90´s ao noso idioma.
Un musical de Broadway foi gravado nos estudios Orbita Sonora de Alacante e producido por Nick Brine, coñecido por traballar con bandas da calidade de Coldplay, Oasis, Sterophonics, bruce Springsteen, The Darkness, Ed Sheeran... A cancion ten un rexistro moi na onda de Kula Shaker pero cunha marcada identidade Britpop. Tamen conta coa colaboracion de Leandro Ejarque (enxeñeiro de son do Ep) nas guitarras inversas, todo un toque de psicodelia moi próprio dos anos sesenta.
O 2º sinxelo deste Ep conta coa colaboracion do musico, productor e artista audiovisual Paco Seren (Ex piratas) ao sitar, instrumento que domina froito das suas aventuras na India e o seu interese polas culturas misticas.
Logo dun ano marcado pola abundancia de datas, podemos asegurar que Exeria seguen a dar o mellor de si mesmos nos palcos das 4 provincias. Podrase desfrutar deste e novo tema e o resto do seu repertorio en Cangas e Bertamirans, antes de que pechen o ano na sua localidade, cun concerto especial fin de ano, que aconsellamos non perderse.
Máis información:

