O grupo galego Dakidarría presenta "Lúa", o seu novo single, unha das cancións máis intimistas da súa traxectoria.
Cun enfoque narrativo que reflicte unha realidade máis cotiá do que nos gustaría, "Lúa" conta a historia dunha persoa en loita interna, debaténdose entre o abismo emocional e a posibilidade de remontar o voo.
Neste delicado proceso, a conexión co mar convértese nun refuxio esencial, un elemento sanador que acompaña a viaxe cara á recuperación e a esperanza.
Musicalmente, "Lúa" conserva a esencia inconfundible de Dakidarría, pero introduce un xiro estilístico que se establece como un factor diferenciador do resto a súa discografía. Cunha mensaxe positiva tanto na súa música como na súa letra, o tema alíñase coa importancia de visibilizar a saúde mental e a resiliencia en tempos de incerteza.
Escoita Lúa en plataformas dixitais: https://orcd.co/dakidarria_lua
Primeiras datas de xira de Dakidarría:
05/04 A Candeloria – Plaza de Congresos - Lugo
12/04 Moska Rock – Sala Rebullón – Pontevedra
1-2-3/05 Viñarock – Albacete
10-11/05 Sementeira – Pontevedra
14/06 Astudillo Rock – Palencia
20-21/06 Trece Roeis – Lugo
27-28/06 Marearock – Alacant
25-26/07 Bellota Rock – Cáceres
Máis información:


