'Vai por vós' é o primeiro adianto do novo disco de Tecor Societário, cuxa saída está prevista para finais de 2023. A banda compostelá apostou por dilatar a publicación do seu novo material, que irá vendo a luz a modo de pílulas, publicadas en datas sinaladas ao longo do ano.

'Vai por vós' pretende ser unha homenaxe a todas as persoas que, malia as dificultades, continúan, ano tras ano, amosando que Galiza non é un país manso, no que nunca pasa nada.

Para ilustrar o contido da letra, Tecor Societario decidiu presentar un vídeo, que foi encargado ao coñecido realizador galego Pixelinphoto. Nel, amósanse fragmentos do proceso de gravación, así como materiais orixinais, gravados polo colectivo de contra información Galiza Contrainfo, que dan testemuño dalgúns dos conflitos sociais aos que a banda pretende facer referencia.

Vai por vós será presentado ao vivo o día catro de febreiro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, dentro dun concerto que os composteláns darán xunto coa banda italiana de Ska-punk Talco.

Máis información: