The Bad Trío, a banda de Funk do guitarrista ourensán Alex Álvarez Espinosa ven a ciudade de As Burgas a presentar as cancións do seu primeiro Ep a publicar en breve.
 
Será o vindeiro 25 de marzo no Café Cultural Auriense a partir das 21:00h. As entradas teñen un prezo de 8€ on line (eventbrite.es) e de 10€ en taquilla.
 
Na primaveira do 2021, o batería irlandés Ryan Curtis, o guitarrista galego Alex Álvarez e o baixista salvadoreño Daniel Valladares deciden unir forzas, movidos pola súa paixón pola música groove instrumental, con toques de Jazz, Latin e Experimental.
 
Graban dúas actuacións en directo nos Roomto_ Studios e están a preparar o seu primeiro EP, que sairá a mediados do 2022.
 
Pero é en vivo onde podes experimentar o que esta banda ten realmente pra ofrecer, influencias como Vulfpeck, Snarky Puppy e Oz Noy resoan o longo de todo o setlist, máis tamén referencias á cultura pop; bandas sonoras de películas, videoxogos... Sempre có toque B. A. D trio.
 
Máis información: