A banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal acaba de lanzar na súa canle de You Tube novo vídeo da súa canción "Dime, dime amor" que fai parte do seu recentemente publicado primeiro LP "Quimicamente Impuro"

O vídeo é o primeiro realizado após o lanzamento do seu primeiro álbum e foi realizado, na mellor tradición punk rock, por eles mesmos.

O pasado mes de outubro Os Bar Ban Sónicos voltaban ao Herztcontrol Studio para gravar o seu primeiro álbum “Quimicamente impuro”. 14 temas que van do punk rock ao garaxe pasados polo seu filtro e cheos de guitarras distorsionadas e cargadas de wha whas, voces rabiosas , unha base ritmica poderosa e letras introspectivas e personais.
 
Presentarán este seu primeiro LP cunha xira por toda Galiza para a que xa teñen pechadas 10 datas nos vindeiros meses e que os levará a Pontevedra, Sarria, Compostela, Melide, O Carballiño, Vigo, Ribeira, Ferrol, Lugo, Cangas e as que sumarán novos bolos pendentes de confirmar e que anunciarán en breve.
 
Aquí podedes escoitar “Quimicamente impuro”:
 
Máis información: