O pasado mes de outubro Os Bar Ban Sónicos voltan ao Herztcontrol Studio para gravar o seu primeiro álbum “Quimicamente impuro”. 14 temas que van do punk rock ao garaxe pasados polo seu filtro e cheos de guitarras distorsionadas e cargadas de wha whas, voces rabiosas , unha base ritmica poderosa e letras introspectivas e personais.
 
Presentarán este seu primeiro LP cunha xira por toda Galiza para a que xa teñen pechadas 10 datas nos vindeiros meses e que os levará a Pontevedra, Sarria, Compostela, Melide, O Carballiño, Vigo, Ribeira, Ferrol, Lugo, Cangas e as que sumarán novos bolos pendentes de confirmar e que anunciarán en breve.
 
Aquí podedes escoitar o noso primeiro longa duración “Quimicamente impuro”:
 
"Canción de Verán" foi un dos seus singles e videoclip.
 
Máis información: