"Pobo de artistas", así se chama a canción que Dakidarría escolleu como primeira mostra do que traen entre mans.

Este adianto estréase a través das canles habituais. Primeiro avance do seu novo disco titulado "Colaxe" que verá a luz o 25 de Febreiro de 2022.

"Pobo de artistas" é unha canción que pretende poñer en valor a calidade, riqueza e diversidade actual da música galega así como a importancia do apoio mutuo e a colaboración entre artistas para manter e facer medrar a escena. Un canto á unidade e ó colectivo por enriba dos egos e da individualidade. Traballar no común para ser máis fortes, creando rede de apoio ante as precariedades ás que as artistas alternativas galegas vense sometidas de xeito habitual. Fuxir da tendencia competitiva onde os éxitos mídense en reproducións, ingresos económicos e likes nas redes sociais para construír unha realidade musical durable, sa, rica e multidiscipli

Nesta peza, onde colaboran máis de 70 bandas galegas, Dakidarría volve a dar un xiro estilístico afastándose un chisco da súa zona de confort para abrazar, en certa medida, ritmos e sonoridades máis urbanas e actuais sen deixar atrás, claro está, a mestizaxe que lles caracteriza. A canción foi gravada entre Plantasonica2 (Vigo) e A Carpintería (Nigrán) ó longo deste 2021 e o videoclip correu a cargo de Titi Muñoz que elexiu a vila de Bueu como localización para a rodaxe.

Toda unha declaración de intencións e un paso máis na carreira desta banda que, neste 2021, cumpriu 18 anos sobre os escenario

Más información: