O novo espectáculo de Albert Pla titúlase "MIEDO" e neste novo proxecto afonda na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

A xira chegará a Santiago de Compostela o próximo 25 de Xaneiro de 2020 nunha única función no Auditorio de Galicia.

A continuación deixámosvos coa descrición do evento pero podedes facervos unha idea lendo a crónica da súa anterior visita á capital de Galicia no seguinte enlace.

O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis aló da vida terrea, cargado de sensacións, emocións e sentimentos nados da pantasma que habita na nosa mente. Alimentado polos nosos pensamentos: o medo. Nesta peza de teatro musical, concerto ou recital teatralizado, convídase a realizar un repaso cargado de ironía polos temores humanos cotiáns tales como o medo a un mesmo ou o temor á morte.

MIEDO é un espectáculo de gran impacto visual onde a proxección é gran protagonista e “nueveojos” un dos estudos de referencia en Europa e pioneiros no mundo do mapping súmanse ao proxecto. Entre as súas creacións destacamos o mapping da Casa Batlló de Gaudi.

A achega do deseño de arte é de “Mondongo",Juliana Lafitte e Manuel Mendanha, unha parella de artistas arxentinos de recoñecido prestixio no mundo da arte que expoñen en museos e galerías de todo o mundo.

As músicas foron compostas por Raül Refree: músico, compositor e un dos produtores musicais máis talentoso de España.

O director teatral Pepe Miravete, convértese nun habitual da casa volvendo dirixir este novo espectáculo.

A estrea mundial foi en Buenos Aires no Teatro Regio do 25 de xaneiro ao 11 de marzo de 2018, sumando un total de 28 funcións co teatro cheo e o público en pé.

É unha produción do Complejo Teatral de Buenos Aires.

Sábado, 25 Xaneiro 2020 ás 20:30h 
Auditorio de Galicia
14 € (Descontos habituais do 50%)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo.

Teléfono 981 571 026

Máis información: