"Tiña pesadelos todas as noites e pensaba: 'Vaia, van odiar isto' ", di JD McPherson. Cando fala do seu novo álbum, Undivided Heart & Soul, non se aprecia indicio de auto adulación, ou mesmo da confianza que un podería esperar dun artista veterano. Hai con todo unha imaxe do proceso creativo de McPherson dándolle vida ao disco, unha viaxe chea de medo e de cambio, logo audacia e, finalmente, catarse.
 
A mellor música rock sempre ten unha historia que contar. Este disco narra unha serie de trastornos, frustracións, obstáculos e un destino: un movemento campo a través, relacións creativas fracasadas, unha oportunidade única na vida, e aprender a amar facer música outra vez deixándoa ir.

McPherson decide mudarse coa súa familia de Broken Arrow, Oklahoma, a East Nashville, unha decisión baseada "na oportunidade" e que era remiso a tomar nun principio, pero observa agora a profunda influencia que a cidade tivo na súa nova colleita de cancións.
 
As once novas cancións do artista están co-producidas xunto a Dan Molade ( Lucius, Tweedy) e gravados nos históricos estudos RCA Studio B ( Nashville), coas colaboracións de Parker Millsap, Butch Walker, Aaron Le Tasjan, Jack Lawrence ( The Raconteurs, Greenhornes), Jess Wolfe & Holly Laessig ( Lucius), e Nicole Atkins. Todos eles xunto á banda de McPherson: Doug Corcoran á guitarra, Raynier Jacob Jacildo aos teclados, Jimmy Sutton ao baixo e Jason Smay á batería.
 
"Este disco foi difícil para min, difícil de escribir, difícil de gravar. Non podo obrigar a estas cancións para ser o que a xente espera ", di McPherson.

Undivided Heart & Soul é un disco que nos mostra a McPherson tal e como é agora, cansado da batalla pero máis forte que nunca.
 
Auditorio de  FERROL

Apertura de portas: 20:30 h

Entradas: www.ataquilla.com

 
JD McPherson
 
 
JD McPherson