A banda coruñesa de Rap Metal QFB regresaron a actividade en plena pandemia tras case 25 anos de inactividade.

Agora publican o seu primero traballo "Rexurdir". Un CD/EP que conten 6 das suas cancións de sempre ca versión de 1995 e a versión 2022 das mesmas. Ademais celebran a publicación do disco cunha xira que lles levará por todo o país.

O seu é o Rap Metal Old School ao máis puro estilo Beastie Boys, Rage Against The Machine ou Def Con Dos con letras maioritariamente en galego, combativas pero con espazo para a retranca. Intorucindo elementos da cultura galega como gaitas, pandeiretas ou aturuxos.

Actualmente mantense casi o completo a formación orixinal da banda:  David (baixo), Zalo (batería), Darío e Toni (voces) e David (guitarra).

Podes escoitalos en plataformas dixitais: https://share.amuse.io/album/qfb-rexurdir

Máis información: