Os próximos 14 e 15 de abril levarase a cabo na Explanada da Praia da Xunqueira de MOAÑA o primeiro Festival de Música e Artivisimo de Galicia no que se uniran Música e Arte. Poderemos gozar da música de bandas nacionais da talla de RIOT PROPAGANDA ou SOZIEDAD ALKOHÓLIKA. A escena local estará representada por promesas como EZETAERRE e outras bandas consagradas como APHONNIC, ARRHYTHMIA ou REBELIOM DO INFRAMUNDO.

As actividades complementarias desta celebración cultural prometen visionamentos moi esperados. Deixámosvos todas as bandas e o resto de datos do Festival

SOZIEDAD ALKOHOLIKA son unha das bandas máis influentes da escena independente. No seu son combinan Thrash, Hardcore e Metal como só eles saben facelo. Cancións contundentes e textos explícitos que golpean sen concesións mantendo en todo momento o seu selo persoal. Finalizou a gravación do seu novo álbum “Sistema Antisocial” que viu a luz o pasado 3 de marzo 2017. Co seu novo álbum baixo o brazo, volven aos escenarios a ofrecer un directo con toda unha descarga de poderío sonoro por parte de Juan (cantante), Jimmy(guitarra), Pirulo (baixo), Iñigo (guitarra) e Alfred (batería).
 
EZETAERRE é un grupo de rap combativo en galego formado por Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e Juan (Pirola). Formado coa vontade de utilizar a música como ferramenta, sempre coa clara intención de mudar a realidade. Eles saben que teñen todo un mundo que mudar e que a cultura, paso a paso, é unha das trincheiras que hai que conquistar. Seguiran dignas, humildes e solidarias. Seguiran facendo música para o pobo na lingua do pobo. O seu último traballo "Aspiracións Mínimas e Urxentes" foi unha grata sorpresa e un golpe de frescura na escena musical do país. 
 
“Indomables” é o quinto disco dos vigueses APHONNIC, formado por 11 temas onde agresividade e melodía volven a camiñar da man como se de padre e fillo se tratase. Un sentimento capaz de deixar pegada no receptor convirtíndoo en cómplice deste rock potente e visceral. Para este novo disco ao igual que o seu antecesor “Héroes”, APHONNIC optan pola vía do crowdfunding  para seguir estreitando, máis se cabe, o lazo entre o grupo e os seus fans. En apenas 15 días, dos 40 que lles brinda Verkami, os vigueses superan a súa ansiada cifra, meta ao alcance dun grupo que a cada novo disco suma máis e máis seguidores.
 
CACHAS&COUSINS é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raices do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos. Nestes anos percorreron a xeografía galega participando en festivais como o Feito a Man, o festival rúas vivas de Noia, ou recentemente no ska all night en Vigo.
 
 
Despois de 4 anos RIOT PROPAGANDA volve cun novo disco. Catro anos nos que os efectos da crise medraron a desigualdade social e a miseria. O bipartidismo, ao contrario do que moitos crían, segue máis vivo que nunca e as políticas de recorte no gasto social impostas desde Europa, continúan sen freo. Eses son os motivos polos que "fixéchelos volver". “Agenda oculta” é o nome do segundo disco desta banda formada polos ex-compoñentes de Habeas Corpus e Los Chikos del Maíz. Ademais, para este novo lanzamento, contan cun novo compoñente: Martin “Plan B”, dj de Gandía (Valencia) cunha longa traxectoria as súas costas.
 
A REBELIOM DO INFRAMUNDO son a día de hoxe un dos máximos referentes do rap en galego. Esta banda das Rías Baixas foi quen de facerse un sitio nun grande ámbito de público e estilos. Grazas a isto, o se seguidores atópanse tanto no público do Punk/Rock, como no do Hip Hop máis clásico. Presentarán o que é o seu último traballo "Lume e Rebeliom". A banda está composta por "Nervo" e "Malvares de Moscoso", que levan o peso das letras, os pratos de DJ ICHI e a produción musical de "Frank" e "Movementss".
 
ARRHYTHMIA é un trio de Power Rock de Lugo formado por Alberto Busto na guitarra e voz, Álvaro L. Barreiro na batería e samples e Alejandro Maciñeiras no baixo e coros. En 2012 edita o seu primeiro traballo “III” que lles permite xirar por grandes festivais galegos como A Candeloria, Castelo Rock ou Revenidas, entre outros. Actualmente atópanse xirando por tódala xeografía galega presentando o seu novo traballo “II” con influenzas que beben do Stoner ou do Hardcore sen perder os ritmos e mensaxes que os deron a coñecer e incorporando samples e sintetizadores ao seu son, sen perder o formato trío.
 
GOLPE RADIKAL nace en 2011 na Pobra do Caramiñal. A súa proposta musical constrúese sobre un amplo abano de estilos. Letras comprometidas socialmente únense a interesantes influencias musicais que van desde o Hardcore máis clásico, ata o metal melódico. Adrenalina, pasión e frescura definen "El sello del diablo", o seu primeiro traballo de estudio. A banda ten as pilas ben cargadas e unha premisa que queda ben clara trata primeira escoita, derrubar todo o que se poña por diante. 
 
No Salón de Plenos do edificio do Concello, pola tarde tanto do venres como do sábado, poderase ver "NOLA?" de Fermín Muguruza, "Apocalipse NAO" de ZIWA ou "Camilo, O Último Guerrilleiro". Estes son só algúns títulos dos que poderemos gozar nas previas dos concertos.
 
PUNTOS DE VENTA FÍSICOS
Tapería Poza da Moura – Rúa Daniel Castelao Nº31 (Moaña)
Momo Bar – Rúa Hio Nº16 (Cangas)
Discos Elepe – Rúa Doctor Cadaval Nº35/37 (Vigo)
Taberla Lusco e Fusco – Rúa Charino Nº17 (Pontevedra)
A Reixa Tenda – Rúa Horreo Nº46 bajo (Santiago de Compostela)
Discos Portobello – Rúa Ciega Nº3 (A Coruña)
 
ABONOS 2 DÍAS
OFERTA PRIMEROS 200 ABONO 2 DÍAS / 22€ (gastos de gestión) / COMPRAR
ABONO 2 DÍAS / 25€ (gastos de gestión)  / COMPRAR
 
ENTRADAS POR DÍA
Viernes 14 Abril / 15€ (+ gastos des gestión) – COMPRAR
Sábado 15 de Abril / 15€ (+ gastos des gestión) – COMPRAR
 
PRECIOS TAQUILLA
Viernes 14 Abril / 28€
Sábado 15 de Abril / 28€
Abono 2 días / 30€
 
Más información: