Na vida estamos de paso e iso non hai quen o negue, mais todo cobra sentido se pasamos polo mundo intentando facelo un lugar mellor. Soa a tópico típico, pero Ezetaerre consegue alimentar esta idea musical e audiovisualmente, baseándose na confrontación dos estereotipos modernos e de facelos bailar coma se fosen iguais e compartiran os mesmos fins.
 
Na ESMORGA INFERNO "non hai nada eterno", pero en cada canción e cada obra audiovisual que Ezetaerre presenta, fai gala da diversidade e de fuxir sempre do hermetismo e o purismo estético no que estamos inmersos na vida virutal e na real.

Deste xeito, a banda galega de rap combativo volve a dar a sorpresa, sen medo e coa resposta esperada. Os comunistas apátridos internacionalistas come cativos, non queren gustarte a ti, queren convencer aos que veñen detrás, enchendo de envases mercábeis unha mensaxe que xeralmente non chega a quen ten que chegar, senón ao gheto habitual. 

Benvidos á ESMORGA INFERNO e deixádevos queimar, berrar e brindar pola loita diaria, a dignidade, a solidariedade e a humildade que quita o medo.
 
Podremos disfrutar da mñúsica de Ezetaerre no OurenRock Sound Festival o vindeiro 08 de Xuño.
 
Máis información: