“Do pobo e para o pobo” A cultura galega está viva grazas ás artistas pero tamén grazas ó pobo que sabe valorala e apoiala... Por iso, xa que agora non podemos atoparnos nos palcos, traemos esta canción dende as nosas casas ata as vosas. Un pequeno agasallo por tantos anos de aventuras polo mundo adiante canda vós. Este vídeo foi gravado en pleno confinamento por Dakidarría e 61 colaboradoras* de diversos grupos musicais do país. Queremos agradecer a tódalas persoas que se animaron con esta tolemia e mandarlles unha enorme aperta de fraternidade e ánimo. Nesta reclusión forzosa o noso colectivo está sufrindo e está sendo abandonado á súa sorte unha vez máis. Veñen meses moi duros sen actuacións por diante e con todo o que iso leva consigo. Nun sector ancorado na precariedade sabemos que moitas de nós ímolo pasar mal e o noso deber é permanecer unidas e loitar cóbado con cóbado. Non estamos soas, temos ó público da nosa parte, nunca nos fallaron e non o van facer agora. Loitemos, man a man, pola nosa cultura, polas nosas artistas e por tódalas profesionais do noso sector. Lume!

Galiza, Abril 2020.

Más información: