Nova data para a banda de rock alternativo Exeria. Tras pechar 2025 nun concerto na Sala Capitol, abrindo para De Ninghures, o grupo ultima os detalles para os seus concertos en Ourense.
 
Para quecer o ambiente van a facer unha previa acústica no Ceres 1894, tocando algúns temas no seu formato mais básico e contando cos ourensáns Syntomía como teloneiros a partir das 20:00h. Logo no Café Auriense tocarán en formato eléctrico a partir das 21:30h. En ambos concertos a taquilla funcionará cun sistema de entrada inversa, polo que cada quen pode aportar conforme as súas posibilidades.
 
Iniciaron xira no JJ Copas de Ponteareas, colaborando coa artista Sés grazas o programa EnFoco 2025 da Fundación Sgae. Foi unha data moi espacial para eles xa que celebraron 5 anos como banda tocando nun concerto cheo de convidadas.
 
Tamén participaron na festa de presentación do Satur-Day Fest, na recen inaugurada sala O Adro, Cangas do Morrazo. E agora chega a quenda de Ourense. No xa emblemático Café Cultural Auriense van despregar o seu novo espectáculo, con varias novidades no seu repertorio.
 
Sirva esta data como presentación do ultimo traballo de Exeria, o tema 'Como un xove é'. Neste sinxelo (que tamén conta cunha versión en xaponés), o grupo ironiza sobre as actitudes dos máis novos e as críticas que adoitan recibir dos seus maiores. Isto combínase coa melancolía por todo o que podíamos facer tempo atrás e xa non, aceptando esa amarga realidade.                                                                 
 
"Perdeuse a ambición pra prosperar
A nova xeración é de cristal
Que vai ser de min
Os rapaces van sen rumbo
Que vai ser de nós
Esta é a fin do mundo"
 
Máis información: