A banda compostelá de rock en galego Grilo volve á escena musical con "Ata non poder máis", un novo sinxelo disponible dende as 20:00 horas en formato vídeo e audio nas principais plataformas de streaming.
Despois de afianzarse coma unha das formacións máis destacadas dentro do panorama rock galego, Grilo chega con este novo tema de corte punk-rock, que non só continúa coa súa enerxía característica, senón que tamén reforza a súa identidade musical única.
O single, cargado de forza e actitude, amosa a evolución do son potente e rebelde que a banda xa ven cultivando ao longo da súa carreira.
"Ata non poder máis" explora a loita interna a que nos afrontamos nos momentos difíciles, naqueles nos que só as amizades e o reencontró con nós mesmos son capaces de sacarnos a flote. Cunha melodía que se incrusta e un son directo, Grilo volve demostrar a súa capacidade para combinar a intensidade do punk-rock coa profundidade emocional das súas mensaxes.
A banda, que segue gañando seguidores e creando un son cada vez máis persoal, continúa marcando un camiño propio no rock en galego, sen perder a súa esencia de loita e honestidade. Con "Ata non poder máis", Grilo dá un paso máis na súa traxectoria e reafirma a súa proposta artística.

