"Somos Nós" é o segundo traballo de Seitura, composto por catro cortes cargados de punk, rock e hardcore. Neste EP amósase a evolución da banda a través de unha produción moi coidada e un son potente e actual.
 
As colaboracións con Gabri (Dakidarría) e Max (Skatcha e Harry May) elevan o nivel musical de estes temas creados con vistas a obter un directo enérxico que non deixará a ninguén indiferente.
 
Este novo Ep foi gravado en A Carpintería Recording Studios (Val Miñor).
 
Seitura é unha banda de punk rock nada no Val Miñor. Formados aos poucos dende 2017, conta con membros provintes de diversos escenarios e gustos, concorren nun entendemento común do rock, na procura dun son propio cheo de potencia, raiba e moita actitude.
 
En 2022 comezou a primeira xira de presentación do grupo, tocando en diferentes escenarios da xeografía Galega. Dende festivais como o Arbo Rock, ata locais de gran tradición musical como a Corte dos Bois (Ourense) e concertos en plena tempada alta de concellos como Baiona.
 
O seu primeiro EP homómino de 2020 o formaban 4 temas gravados nos estudos de Arroutada Records por Mintxo Alejos. Entre os temas publicados atópase unha versión do tema “Tempestades de Sal” da cantante galega Sés, unha adaptación da canción “Parva que sou” do grupo portugués Deolinda; e dous temas propios “Seitura” e “Romperás”.
 
'Xente Ceibe' foi o primer videoclip de "Somos Nós".
 
Máis información: