A banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal acaba de lanzar na súa canle de You Tube un vídeolyric da súa canción "Sempre firme" que fai parte do seu recentemente publicado primeiro LP "Quimicamente Impuro"

O pasado mes de outubro Os Bar Ban Sónicos voltaban ao Herztcontrol Studio para gravar o seu primeiro álbum “Quimicamente impuro”. 14 temas que van do punk rock ao garaxe pasados polo seu filtro e cheos de guitarras distorsionadas e cargadas de wha whas, voces rabiosas , unha base ritmica poderosa e letras introspectivas e personais.
 
Están a presentar este seu primeiro LP cunha xira por toda Galiza que os levará a Pontevedra, Sarria, Compostela, Melide, O Carballiño, Vigo, Ribeira, Ferrol, Lugo, Cangas e as que sumarán novos bolos.
 
Aquí podedes escoitar “Quimicamente impuro”:
 
Máis información: