Por quinto ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais que contará con artistas tanto da comunidade como nacionais e que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como é a terraza exterior do museo.
Espazo cun atardecer e un silencio pracenteiro só interrompido pola sonoridade da campá da igrexa de Santo André de Camporredondo, parroquia onde pertence o Museo do Viño.
É unha aposta pola boa música, pola cultura e polo etnoturismo na comarca do Ribeiro.
Esta edición celebrarase durante os meses de xullo e agosto, e contará cos seguintes artistas:
Xoves 3 de xullo. MISTER COOL & VADIM YUKHNEVICH (GALICIA)
Xoves 10 de xullo. JIMMY BARNATÁN (SANTANDER)
Xoves 7 de agosto. JEFF ESPINOZA & GABY JOGEIX (MADRID)
Xoves 21 de agosto. ÁNGELES DORIO (GALICIA)
Xoves 28 de agosto. OLGA BRAÑAS & SUSANNA BLANCO (GALICIA)
O inicio dos concertos ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo.
Ao remate poderá degustarse unha copa de viño na zona Lounge.
Máis información:
