O grupo galego Dakidarría regresa con "Tambores de Guerra", unha colaboración explosiva xunto a Esteve de Auxili.
Esta nova canción fusiona o rock, o ska e reggae nun himno de loita e dignidade que resoa con máis forza que nunca no actual panorama social e político.
Dúas bandas, dúas linguas e unha mensaxe común: manterse firmes fronte á ameaza do neofascismo. Con letras en valenciano e galego, "Tambores de Guerra" demostra a unión entre pobos e a resistencia cultural, unha chamada á esperanza que reivindica a necesidade de estar alerta para non repetir os erros do pasado.
Este tema sorprende pola súa riqueza estilística e a súa enerxía irresistible, combinando guitarras distorcidas cos ritmos contaxiosos do ska e o reggae, logrando unha canción moi completa que, onda as súas pinceladas de electrónica a través de sintetizadores, rompe todos os esquemas.
Dálle a play para escoitar o novo de Dakidarría feat. Auxili

Escoita Lúa en plataformas dixitais: https://orcd.co/dakidarria_tamboresdeguerra
Primeiras datas de xira de Dakidarría:
05/04 A Candeloria – Plaza de Congresos - Lugo
12/04 Moska Rock – Sala Rebullón – Pontevedra
1-2-3/05 Viñarock – Albacete
10-11/05 Sementeira – Pontevedra
14/06 Astudillo Rock – Palencia
20-21/06 Trece Roeis – Lugo
27-28/06 Marearock – Alacant
25-26/07 Bellota Rock – Cáceres
Máis información: