Para quen non os coñeza, Exeria é un grupo pertencente á nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock. Combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico.

Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado 8 de marzo. Acompáñase dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades e facturado polo equipo de Trece Amarillo, produtores de videoclips para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez.
 
O 2023 foi un ano moi produtivo para Exeria: tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados de videoclips ben recibidos. E este ano vai ser aínda máis emocionante, con moitos concertos en directo e novos lanzamentos. Foron elixidos para formar parte das Desktop Sessions, un formato acústico e en directo ao estilo de “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 cancións inéditas con arranxos influenciados polo trad.
 
Este Sabado será o debut da banda en Ourense, cidade sobradamente coñecida pola sua cultura musical e roqueira. A terra da chispa forma parte dunha xira que conta na actualidade con actuacions por case todolos recunchos de Galicia, e na que percorrerán as 4 provincias de aqui a fin de ano.
 
Exeria
20 Abril 21:00h
Antigua O´Renque
R/Doutor Temes Fdez 22, Ourense
Entrada inversa
 
Máis información: