Zenzar

O 23 de decembro Zenzar están de aniversario e e celébrano na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Zënzar, aínda Mördor, debutaban no Disco-Pub Non Sei a véspera de noiteboa de 1988. E están a montar unha boa para a sinalada efeméride cunha ducia de amizades con eles no escenario, e sorpresas aínda por desvelar…

Onde e cando conseguir a entrada?

DESDE XA, AQUÍ.

E en diferentes puntos de venda:

Bar Orellas (Ordes)
Pub Kronos (Ordes)
A Taberna (Cerceda)
Lume e Ferro (Carral)
Rock Café (Compostela)
O Logradouro (Carballo)
… e máis por confirmar.

O prezo da anticipada, tanto física como dixital, ten un prezo de 12€ sen custos de ningún tipo. En billeteira, o mesmo día, valerán 15€.

As portas abren ás 20:30h.
Comezará a caldear o ambiente Peter DJ, cunha sesión moi especial para a ocasión, ás 21h e ás 22h, Zenzar!

Será un concerto único e especial. Compartir escenario con amizades «vellas» e novas é motivo de celebración sempre. Zënzar non ten sentido de forma aillada. Están a reafirmalo durante o proceso dun libro ilustrado sobre a historia da banda e sobre todo o que os rodeou que sairá en marzo de 2024.

'Non é casual' é a primeira canción e videoclip que Zenzar lanza co gallo do seu 35 aniversario.

Máis información: