Ainda quedan enamorados dos sons analoxicos e crus, amantes da distorsión coma Exeria, sendo romanticos no detalle e na sutileza. O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 e mesmo o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións.

Tras a presentación de “Un novo nome” en Marzo deste ano, a súa posterior xira por toda Galicia e gañar o concurso de bandas no Trece Roeis Fest 23, a banda do Condado segue avanzando a pasos axigantados na sua aventura artística.

O 27 de outubro estrearon o novo sinxelo "Ata que sexamos reis" que vai acompañado dun videoclip dirixido por Nazaret Pastoriza e protagonizado polas máscaras do recuperado Entroido dos mudados e perriñas en Ribadetea, Ponteareas. O tema foi gravado nos estudios Lufs, encontrandonos con unha das cancións máis celebradas do seu potente directo.

En tempos, os veciños saian caracterizados con elementos que podían ter nas súas propias casas e tamén algúnha mascara feita con madeira e outros materiais propios da natureza. Cos anos esta tradición perdeuse ata que un grupo de persoas interesadas pola nosa cultura recuperou este rito, no que estes esmorgantes presentábanse nas casas dos seu veciños amigos e familiares, pedindo unha esmola (perriña) que moitas veces materializábase en viño, chourizos e algun aperitivo ou licor para evitar que lles fixesen algunha trasnada. 
 
Esta tradición esta amplamente recollida polo veciño Jonathan Zúñiga xa que el e un dos principais artífices desta recuperación: https://www.youtube.com/watch?v=Se6RzRPgkBU.

A portada do sinxelo foi deseñada polo artista Adrián Rodríguez Parcel e reflicte á perfección o tema da canción, que trata dos esforzos que realizan os protagonistas para acadar os seus obxectivos (sexan amoríos, conflitos internos ou escalada de poder); Temas que o grupo aborda en clave case pop-rock, con estribillos contundentes e partes máis oníricas-ambientais-melódicas.

Máis información: