Calle del Ruido voltan cun novo single en galego coa colaboración dos Xutos e Pontapés, a maior banda do noso pais veciño, Portugal. "Non son o único" é unha homenaxe ao rock portugués acompañado dun videoclip rodado en A Casiña, o estudio da banda lusa situado en Lisboa.

Calle del Ruido é unha banda que fusiona rock, metal e sintetizadores cún estilo moi persoal, fundada no 2009 en Meis (Pontevedra). O seu son defínese por letras reivindicativas e sociais, tanto en galego coma en castelán, mesturadas con bases rítmicas potentes, estribillos melódicos e efectos dixitais.

Ao longo de todos estes anos a banda non deixa de xirar, facendo máis de 200 concertos, compartindo escenarios con grandes bandas como Mago de Oz, Reincidentes, Fe de Ratas, Aphonnic ou os portugueses Moonspell e Xutos e Pontapés.

Máis información: