Dakidarría acaba de estrear videoclip para "Ate ou abrente" unha das cancións incluídas no seu novo disco, ' COLAXE'.

Tras o seu parón obrigado de dous anos, a banda galega escolle este tema para celebrar o seu regreso aos directos e anunciar novas datas para a súa xira ' Colaxe Tour 22'. "A volta aos escenarios materializada nunha canción".

Dakidarría en estado puro; un canto á explosión enerxética que supón cada reencontro co público, chamando á súa xente para volver a incendiar cada concerto coa alegría e a rebeldía que lles caracteriza.

A banda galega, un referente da música contestataria do país, sóbese aos escenarios, con máis forza que nunca, atrevéndose tanto coas salas pequenas como cos grandes festivais

Con ampliación da súa formación, a agrupación musical retoma a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posible.
 
Máis fluidez e dinamismo nun show que, se antes era incendiario, agora pasa a ser explosivo. Un combo que pretende arrasar os palcos e que vai deixar pegada na escena musical galega.
 
  • 21 MAYO, FESTIVAL DE CANS, CANS
  • 27 MAIO, OUREN SOUND, OURENSE
  • 11 XUÑO, ASTUDILLO PUNK ROCK, ASTUDILLO [PALENCIA]
  • 23 XUÑO, RACÒ MAREAROCK, ALACANT
  • 17 DE JUNIO. FESTA DA COCA, REDONDELA
  • 23 JUNIO, RACÒ MAREAROCK, ALACANT
  • 9 JULIO, MUSIGAL, VILABOA
  • 22 JULIO, TRESPA ROCK, TRESPADERNE [BURGOS]
  • 23 JULIO, FESTA MAJOR, BLANES [GIRONA]
  • 30 JULIO, ARBO ROCK, ARBO
  • 13 AGOSTO, MUSIGAL, MONDARIZ
  • 20 AGOSTO, ABEJA ROCK, BÉJAR [SALAMANCA]
  • 9 SEPTIEMBRE, MUSIGAL, PONTEAREAS
  • 10 SEPTIEMBRE, REVENIDAS, VILAXOAN
  • 12 NOVIEMBRE, SALA COPÉRNICO, MADRID

INFORMACIÓN DE ENTRADAS EN DAKIDARRIA.COM

'Colaxe' conta con numerosas colaboracións de bandas e músicos como Boikot, Evaristo (A Polla Records), Inadaptats, High Paw, Xavi Solano ( Esne Beltza), En Tol Sarmiento, Menina Arroutada e algunhas máis... pero destaca especialmente neste sentido a canción " Pobo de Artistas" onde a banda, en coautoría con Tanxugueiras e Ou Rabelo, pon en valor a escena musical galega actual cantando xunto a case 100 grupos e artistas do país. 

'Colaxe' foi gravado na CARPINTERIA, estudo de gravación que DAKIDARRÍA abría o pasado ano e polo que xa pasaron algunhas bandas para rexistrar a súa música. Mesturouse e masterizado en "Santa Cruz Recording Studios" de Oleiros por Alber Castro, técnico de son da banda desde fai máis dunha década.

Más información: