Cerceda invade a fornadas de rock o noroeste peninsular esta fin de semana con catro concertos das bandas Broa e Machina en dous días.

O que comezou orquestrándose como unha “festa de despedida” para Gonzalo Grela, integrante de ambas formacións que agarda ser papá en maio, remata nun festival itinerante no que o guitarrista e cantante defenderá oito actuacións en apenas 24h.

A axencia de contratación musical AllTheFat en colaboración con Cimática Studios, a oficina de prensa Seispés Producións e baixo cobertura audiovisual de Arkadia Universe, presenta as seguintes intervencións:

- Venres 8 abril, 22:00h. Ourense, El Pueblo Café Cultural (10€ en billeteira).

- Venres 8 abril, 2:00h. Vilanova de Cerveira, Mitus Caffé (bilhete gratuito). [+ Acouga (Pazos de Borbén) + Youthyard (Viana do Castelo)]

- Sábado 9 abril, 14:00h. Rianxo, Festa da Chuvia (entrada de balde).

- Sábado 9 abril, 22:00h. Carballo, Sala A Reserva (10€ en billeteira).

Este periplo non debería relegar a un segundo plano o feito de que Martín Loureiro, vocalista de Machina, se desprace desde a Holanda para por un punto e seguido a sete longos anos escuros nos que a esta banda só se lles pudo ver en dous festivais. Curiosamente, a derradeira sala foi na Reserva de Carballo aló por decembro do 2014. E nesta mesma sala entregarán a cuarta fornada da fin de semana, o que supón máis concertos en dous días que nos últimos oito anos.

Máis información: