O novo disco do power trío compostelán, Radio Zapa!, formado por Martín Zapata (guitarra, voz), Fran Facal (batería, coros) e a nova incorporación, Suso Pereiro (baixo, coros), gravado en plena pandemia polo Iago Pico, fundador de Pouland Studios (Ames), e editado por Requesound Records; sae á luz o vindeiro 25 de marzo nun exclusivo formato LP e en todas as plataformas dixitais.

‘Demasiado…’(Requesound Records, 2022), é un importante paso cara adiante neste proxecto iniciado no 2015, amosando una forte evolución musical cara o stoner rock e a psicodelia, que marca una liña firme dende o primeiro ao último tema da obra, acompañada dunha potente e emotiva poesía, máis tamén sinalando de xeito crítico e incisivo unha situación social actual que a ninguén deixa indiferente.

Para celebrar tal ocasión, estarán os tres artistas facendo entrega do seu novo material o sábado 26 de marzo en dúas localizacións: no Toñito, a partires das 12:00h (rúa de Rodríguez Viguri, 45) e no Rock Café Santiago (rúa da República Arxentina, 35), a partires das 17:00h.

Máis información: