Co gallo do día da muller adiantamos o noso programa en Badal Noval Televisión para celebrarlo por partida dobre. Entrevistamos al grupo Distance Sisters, Rock & Blues con corpo e alma de muller.

E deseguido estreamos un novo PlayList con videoclips de Bala**, Pauliña, Nervosa, Anarchicks e Agoraphobia con as mulleres como protagonistas absolutas.

Disfrutadeos.

Recordade que todos os mércores as 22:00h emitirase un novo programa con PlayList, entrevistas e/ou reportaxes. Repetición do programa todos os sábados as 22:00h.
 
Tamén os podedes encontrar na nosa canle de YouTube e non olvidedes suscribiros.
 
Falamos con Distance Sisters do humano e o divino... da música. Coñecedeas un pouco máis e non vos perdades a sua canción ó final da entrevista.
 
Videoclips incluidos no PlayList:
 
Bala - "Agitar" **Este vídeo non se pode visualizar na nosa canle. Podedes velo no enlace seguinte ou no enlace en pantalla.
 
Pauliña - "Non é ficción"
 
Nervosa - "Under Ruins"
 
Anarchicks - "No Friend"
 
Agoraphobia - "Salvation"