GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián, á guitarra e á voz; Miguel, á batería; e Alberte, ao baixo e aos coros.

En novembro de 2018 publicaron “Criminal", o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. “Rebelión”, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega. Agora presentan "Dálle Lume", un esperado LP que o grupo leva aos directos dunha maneira coidada, sorprendente, impactante e con grandes doses de adrenalina como xa nos teñen acostumados/as. Que ardan os palcos!

Grilo + Pauliña
31 xaneiro | 21:00h (portas)
8€ anticipada (+ gastos) | 10€ taquilla
Venta de entradas: www.eventbrite.es

Máis información: https://www.facebook.com/grilorock/