Despois do incrible arranque da xira-presentación do novo traballo discográfico de Ith “O mínimo que o contén todo” en Lalín e Carral, a banda de Xanceda (Mesía) segue a súa singradura pola xeografía galega. Desta volta O Barco e Ourense agardan a Ith os vindeiros 04 e 05 de maio respectivamente.

En O Barco será a Sala Baranda a que acolla o seu concerto o venres a partir das 23:30h e o Café Auriense de Ourense o sábado a partir das 22:00h contando ademáis, este último, co alicente que os acompañarám os ourensanos Sonoro Maxín.

“O mínimo que o contén todo” é o novo álbum que Ith vén de gravar e producir en Abrigueiro Estudios de Friol (Lugo), da man de Arturo Vaquero. O disco está formado por sete cancións, seis de composición propia e un poema musicado do samanense Fiz Vergara Vilariño. O contido intimista e emotivo, así como reivindicativo, dalgúns dos temas, marcan moito o devir musical desta banda que segue mantendo o seu principio de facer rock galego e en galego.

O grupo Ith, integrado por Lucía á voz, Miguel á guitarra, Toxo á guitarra e teclados, Gonzalo ao baixo e Folgueira á batería, ten por diante meses de intenso traballo coa xira-presentación do seu disco, que levarán ademais ata O Barco de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, a Illa de Arousa, A Coruña, Betanzos, Fene e A Estrada, entre outras localidades.

Estás son as suas próximas datas:

04 Maio: Sala Baranda (O Barco de Valdeorras, 23:30h.)
05 Maio: Sala Auriense (Ourense, 22h.)
12 Maio: Sala O Con do Moucho (Illa de Arousa, 23h.)
16 Maio: Sala Forum Celticum (O Burgo, 23h.)
18 Maio: Sala Doppler (Vigo, 23:00h.)
19 Maio: Sala Gatos (Melide, 23:30h.)
26 Maio: Lugo: O Vello Cárcere (18h.) e Sala Clavicémbalo (23:30h.)
02 Xuño: Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela, 22:30h.)
23 Xuño: Festival Areal de Berres (A Estrada).
10 Xullo: Ciclo Día da Patria Galega (Fene, 22:00h.)

Podes ler a nosa reseña de “O mínimo que o contén todo” no seguinte enlace:
 
Más información: