ESPIÑO Band

Festival
Espio_LaRoom
Fecha: Sábado, 28 de Enero de 2023 20:39

Lugar de reunión: Sala La Room  |  Ciudad: Ferrol, España

Entrada 5 € ..Venda entradas na La Room e reservas no email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19
Unha maneira de facer Europa.
Espiño Band
A perseverancia e a experiencia avalan ó creador de cancións compostelán Alfonso Espiño, quen leva máis de media vida facturando música pop en combos xa de culto coma Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales.
En solitario como Espiño dende 2016, sigue explorando xunto co seu grupo as posibilidades do pop lisérxico, erixíndose en estandarte da neopsicodelia en Galicia e en galego, acuñando o termo galedelia.
“Poucas cousas hai máis pop en toda Galicia que Alfonso Espiño” (Nico Vidal, xornalista)
Acompaña a Espiño (baixo e voz) nesta nova etapa da súa andaina musical a banda composta por Ale González (teclados), Brais Sánchez (guitarras) e Fran Facal (batería).
O grupo naceu alzándonse co Primeiro Premio do II Certame Galicia Creativa en novembro de 2016, sendo tamén finalista dos Premios Martín Códax da Música en 2018, 2019 e 2021.
Nas súas gravacións, Espiño é xeneroso co detalle e os arranxos instrumentais, que flúen en sintonía cunha lírica rica en personaxes fascinantes e lugares máxicos, inspirados pola paisaxe natural e a melancolía de Galicia.
Sobre os palcos, a banda ofrece un enérxico directo que tamén conta con momentos puntuais para o recollemento e a emoción.
O paso de Espiño por multitude de festivais (Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, Vive Nigrán, Festival de la Luz, Galegote Rock, Curruncho Pop, SUNS Europe en Italia, Outono Códax Festival...) manifesta o interese e o apoio do público e dos programadores polo músico santiagués, que traballa de cotío en novas melodías.
Completan a proposta multidisciplinar de Espiño as súas facetas de DJ en clubes e festivais, e a de investigador musical e conferenciante, resultado da súa tese doutoral sobre a historia do pop en Santiago, publicada en 2020 baixo o nome de ComPOPstela

 

 

Dirección
La Room, 142, Calle Sol, La Magdalena, Ferrol, La Coruña, Galicia
15402, España

 

Mapa


 

Lista de Fechas (detalles en la Página de eventos)


  • Sábado, 28 de Enero de 2023 20:39

Desarrollado por iCagenda