Os Bar Ban Sónicos, a banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal, acaba de publicar un novo single de adianto do álbum que publicará este ano acompañado de vídeo da canción que da título ao sinxelo.

Após a publicación do EP “Alimentando o nervio” (https://spoti.fi/36zPKZq) en outubro de 2020, e un primeiro single "Sentirme ben" ( https://spoti.fi/3vJuA4t ) en xuño deste ano, Os Bar Ban Sónicos sacan un novo artefacto sonoro.

Un single dixital de dúas cancións, que leva na súa Cara A o tema  “Canción de verán”, tema propio que dá título ao single e que formará parte do seu futuro album, e na Cara B "Esperando por el" adaptación ao galego de “I,m waiting for the man" da Velvet Underground.

Aquí vai a ligazón ao single: https://spoti.fi/3hbiCeY

Ao mesmo tempo lanzan vídeo clip de "Canción de Verán".

Máis información: