ruxe ruxe
O vindeiro sábado 21 de xaneiro os coruñeses Ruxe Ruxe estarán a presentar na cidade De As Burgas as cancións do seu novo traballo discográfico 20". Un disco co que, de algunha maneira, celebran o seu 20 aniversario.
 
Será na Sala Berlín de Ourense a partir das 21:00h. as entradas teñen un prezo de 8€ na venda anticipada (Peggy Records e ruxeruxe.com) e de 10€. na taquilla.
 
Falar de Ruxe-Ruxe non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama rock galego que soubo gañarse a pulso o respecto e o cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1996 no que naceu esta formación que leva resistindo o paso do tempo e superándose día a día.

Con xa vinte anos as súas costas, Ruxe-Ruxe preséntanos a súa duodécima achega discográfica: 20". Nada menos ca 17 novos temas nos que reflicten a súa personalidade nunha viaxe a un universo sonoro de cor e soños onde as súas reivindicativas letras nos falan da amizade, do amor, da vida ou mesmo as loitas persoais, sempre en clave optimista e desenfadada.

Formados por Xan (saxo e coros), Miguel Duarte (guitarra e coros), Carlos Freire (baixo), Xaco Barona (gaitas), Héctor Ojea (batería), e Vituco Neira (guitarra e voz), Ruxe-Ruxe é un grupo afastado das modas e que continúa a marcar o seu camiño, sempre dende a liberdade punkeira e o respecto pola cultura e idioma galego, o que fai deles unha das bandas máis senlleiras e de maior proxección do rock galego.

Máis información:
 
 
Ruxe Ruxe

 

 

 

 

 

Máis información: