Talabarte

Categoría
Concierto
Fecha
12 de Octubre de 2018 22:00
Lugar de reunión
Sala Super 8 - Rúa Real, 223, 15401 Ferrol
A Coruña, España

ENTRADAS ANTICIPADAS:
Sala SUPER 8 - R/ Real, 223 Ferrol [V-S 22:30-5:30 h.]
A VELLA FÁBRICA DE LAPIS - R/ Lugo, 61 Ferrol [L-V 10:00-13:30 h.·17:00-20:30 h./S 11:00-13:30H.]
Anticipada: 5€ · Billeteira: 8€

Premio Martín Códax da Música: Músicas do Mundo (2017).
-
Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da
escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón
diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin Garcí. Xuntos
propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia
e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto adobiado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Estes músicos ofrécennos contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin deixar indiferentes os sentidos.

Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo
do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación. De moitas coñeceron varias versións: a oficial, a que soe estar escrita nos libros, ou a popular, que é a que pertence á memoria da xente; outras eran falsas e fixéranlles crer na súa veracidade; tamén as había das que formaban parte de lendas ou tradicións... Pero axiña se decataron de que todas elas tiñan algo en común: a incerteza de non saber se eran verdadeiras ou falsas. E así foi como comezaron a interesarse polo mundo dos “fakes”.

Ao longo de todo este tempo, foron recollendo este valioso
material nas bibliotecas, museos e hemerotecas... Pero tamén nas tabernas e furanchos, onde descubriron a súa música. Primeiro aprenderon a tocala, mais co paso dos anos mesmo chegaron a falala con destreza a través dos seus instrumentos. Falaban mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas cun sotaque tan próximo ao son orixinal que ata había quen pensaba que estes músicos tamén eran nativos de alí -ben sabemos que dalgún xeito levan escrito no seu ADN ritmos tan nosos e senlleiros como a muiñeira, a xota ou o pasodobre-.
 
 

Todas las fechas

  • 12 de Octubre de 2018 22:00
 

Powered by iCagenda