DANDY FEVER

Concierto
DandyFerver_LaRoom
Fecha: Sábado, 22 de Junio de 2024 23:59

Lugar de reunión: Sala La Room  |  Ciudad: Ferrol, Galicia, España

Sábado 22 Xuño na La Room de Ferrol, concerto da banda DANDY FEVER (Ska, Rocksteady, Reggae, Soul...) Apertura porta 24.00 h...
Entrada 10 € ....Concerto 00.15 h.
Dandy Fever é unha formación que naceu na Coruña nos primeiros en 2002. Os seus membros teñen unha paixón común pola época dourada da música xamaicana, os anos 60 e 70s, nos que houbo unha explosión musical que chegaría a todo o mundo en forma do xénero Ska e dos seus fillos predilectos, o Rocksteady e o Reggae. Non obstante, a banda tamén bebe de outras músicas como o Soul, a Bossanova, o Rock&roll e incluso o Punk, sen esquecer a música galega. O resultado é unha música chea de matices, fermosa e á vez potente, que a banda invítavos a coñecer.
A súa historia:
Dende a súa fundación hai máis de dúas décadas, a banda pasou por moitos escenarios de festas, salas e festivais, como a Sala Aturuxo (Bueu), a antigua Nasa (Compostela), o festival Revenidas, o Bless Reggae Festival, o Festival Minhoreggae, o Ska All Night, a Festa dos Botes de Arzúa, e un sen fin máis.
Tamén exerceron en diversas ocasións como banda do vocalista xamaicano Dave Barker (quen tivo un número 1 en Reino Unido en 1970 co seu hit "Double Barrel").
Foron gañadores nos premios GZ Crea (2006), do concurso de bandas do Foundation Festival (2007) e finalistas no Musicando Calero (2020)
Na banda tocan e tocaron diversas/os integrantes que tamén están ou pasaron por outros proxectos musicais, como Bush Doctors, Aum, Pinnacle, Transilvanians, Entre Elas, Los Hot Chocolates, Las Antonias, e un largo etc.
Teñen diverso material gravado en estudio, comezando co seu primero traballo "Dandy Fever", diversos singles como "John Balan" e o LP estrenado en 2023 e editado en vinilo, "Audio Magnetic Recording Years" (máis info na páxina seguinte)
LP AUDIO MAGNETIC RECORDING YEARS (Pantx Records, 2023)
Este disco, publicado no ano 2023 polo selo de Bilbao Pantx Records, é froito dun longo proceso de traballo. Inclue dez temas compostos e arranxados pola propia banda, e ademáis dúas cancións máis, compostas e interpretadas polo cantante, baixista e amigo da banda Brasz Aleixo.
Foi gravado ao longo de varios anos nun estudio-local chamado Cambridge Records, en Cambre (A Coruña), concebido como unha especie de "máquina do tempo sonora”, con vellos magnetófonos, e nos que todo o que alí se rexistra colle unha cor doutra época, gracias tamén ás válvulas de previos de voz rescatados case do lixo , ecos de cinta da época , spring reverbs caseiras, etc. Todas as cancións do disco están rexistradas e misturadas en formato de cinta, con técnicas de gravación minimalista, aprendendo á vez que desfrutando, capturando os momentos tal e como foron, sen edicións nen retoques dixitais, coas súas virtudes e tantísimos defectos…, pero que entre todo forman algo, alo menos, único, e sempre empurrados pola idea romántica de homenaxear e experimentar tamén á forma de traballar, precaria pero xenial tamén, dos productores de estudio pioneiros da música xamaicana, como Lee Perry, Coxone Dodd, Duke Reid, etc.

 

Dirección
La Room, 142, Calle Sol, La Magdalena, Ferrol, La Coruña, Galicia, 15402
Galicia, España

 

Mapa


 

Lista de Fechas (detalles en la Página de eventos)


  • Sábado, 22 de Junio de 2024 23:59

Desarrollado por iCagenda